Dous feridos graves no envorco dun coche en Ponteceso

A muller foi trasladada ao hospital nun helicóptero medicalizado e o home foi evacuado en ambulancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Un home e unha muller resultaron feridos graves ao envorcar o coche no que viaxaban polo lugar da Campase, no termo municipal de Ponteceso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das 11,00 horas, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia.

No seu relato dos feitos, indicou que o vehículo estaba envorcado no medio da estrada sen que os ocupantes puidesen saír. Así, mobilizouse aos Bombeiros de Carballo, membros do GES de Ponteceso e do servizo municipal de Protección Civil para rescatar as dúas persoas, que necesitaron asistencia médica urxente debido á importancia das súas lesións.

De feito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o traslado dun dos feridos, concretamente da muller, mentres que o home foi evacuado nunha ambulancia.

Neste operativo, tamén interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, para restablecer as condicións de seguridade na vía, foi necesaria unha limpeza da que se encargaron os efectivos do GES con base na localidade.

Dous feridos graves no envorco dun coche en Ponteceso. @HELICOSANTIAGO
Dous feridos graves no envorco dun coche en Ponteceso. @HELICOSANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta