Ozuna súmase a Maluma no cartel do 'Morriña Fest' na Coruña

O festival celebrarase no Estadio de Riazor os días 15 e 16 de xullo.

Por E.P. | A CORUÑA | 22/04/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O portorriqueño Ozuna participará no 'Morriña Fest' que se celebra este verán na Coruña, segundo confirmou a alcaldesa da cidade, Inés Rey. Este artista --que era o nome que faltaba por confirmar durante a presentación do evento-- será cabeza de cartel xunto a Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand e Crystal Fighters.

O festival celebrarase no Estadio de Riazor os días 15 e 16 de xullo. A lista de actuacións complétana Duki, Lost Frequencies, Xoel López, Lola Índigo, Viva Suecia, Funzo & Baby Lous, Vega e Belén Aguilera. Ademais, segundo confirmou a alcaldesa na presentación do evento, durante os días do festival haberá un escenario nos exteriores do recinto con actuacións gratuítas. Os nomes dos artistas que actuarán neste espazo aínda se descoñecen.

O estadio de Riazor leva desde o ano 1993 sen albergar grandes actuacións musicais e este verán acollerá a case 30.000 espectadores por día. As entradas poranse á venda o próximo 28 de abril, pero existe un servizo de prevenda a través da web do festival. Os abonos terán un custo de 49 euros, máis gastos.

A alcadesa da Coruña, Inés Rei, presentou este xoves no estadio de Riazor a 'Morriña Festival', acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o codirector do evento, Álvaro Yáñez. ANDY PÉREZ
A alcadesa da Coruña, Inés Rei, presentou este xoves no estadio de Riazor a 'Morriña Festival', acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o codirector do evento, Álvaro Yáñez. ANDY PÉREZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta