O Parlamento pide flexibilizar os criterios para que alumnos con TDAH poidan acceder a bolsas de educación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este venres, na Comisión de Educación, unha iniciativa do PpdeG na que se esixe ante o Goberno central unha flexibilización de criterios para que os alumnos con TDAH poidan acceder ás bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Durante a defensa da proposición non de lei, a popular Rosalía López lembrou que a modificación nos criterios de concesión destas bolsas, que esixen agora a presentación dun certificado de discapacidade de, polo menos, o 33 por cento.

Con iso, dixo a deputada do PPdeG, quedan fóra alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, como é o caso daqueles con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH) que, a pesar de non alcanzar este nivel de discapacidade certificada, si requiren unha intervención e recursos específicos.

A iniciativa contou cos votos a favor de PPdeG e BNG e coa abstención das dúas deputadas socialistas, grupo que presentou unha emenda que foi rexeitada polos populares.

Representantes da Fundación María José Jove e INGADA presentan o balance na formación a profesorado sobre alumnos con TDAH. FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
Representantes da Fundación María José Jove e INGADA presentan o balance na formación a profesorado sobre alumnos con TDAH. FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta