O buque que leva armas a Ucraína embarcou en Ferrol un equipo de Infantería de Mariña

O Ysabel navega xa cara a Polonia con 200 toneladas de axuda militar. O barco, orixinalmente denominado Galicia, foi construído en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 22/04/2022 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

O buque loxístico Ysabel, recibido polo Exército o pasado mes de xuño e cuxo nome rende homenaxe ás mulleres ilustres que exerceron o poder ao longo da historia de España, atópase xa rumbo a Polonia cargado co maior envío español de armamento e equipos militares para Ucraína.

O buque de carga militar Ysabel
O buque de carga militar Ysabel | Fonte: @JosémOjené - foronaval.com

Trátase  de 200 toneladas de armamento, 30 camións e dez vehículos lixeiros, o que duplica o recibido por Ucraína de España desde que empezou a guerra.  Pero, antes de partir a Polonia, o buque embarcou na dársena militar de Ferrol a un equipo de infantes de Mariña para protexer a mercadoría militar.

Segundo a punta @Foronaval, o buque embarcou "un equipo de protección y seguridad de Infantería de Marina antes de proseguir hasta Polonia". O Ysabel pode transportar nas súas seis cubertas de carga máis dun milleiro de vehículos militares e carros de combate e adquiriuse para dar soporte aos desprazamentos de tropas e materiais entre a Península, Ceuta, Melilla e os dous arquipélagos, e para apoiar os despregamentos en misións internacionais.

O Ysabel é o resultado de reconvertir nos asteleiros galegos outro barco, o Galicia, construído en Vigo no 2003 por encargo da naviera Suardiaz, unha das empresas pioneiras en España no transporte de carga rodada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta