“San Juan is back” e San Xoán de toda a vida

O mal tempo non impediu que milleiros de galegos saíran a desfrutar das cacharelas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/06/2014 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas celebraron esta madrugada a chegada do solsticio de verán con fogueiras, festa, sardiñada e viño.

Lixo na praia de Riazor tras San Xoán
Lixo na praia de Riazor tras San Xoán | Fonte: bluebrigadium.blogspot

A pesares do mal tempo e as chuvias intermitentes que, durante todo o día, caeron ao longo do país, os galegos saíron á rúa para festexar o San Xoán.  As festa máis numerosa tivo lugar no norte e no sur de Galicia. En Nigrán e Baiona concentráronse miles de persoas nas fogueiras que se fan ao pe da praia pero foi na Coruña onde a afluencia foi masiva.

Máis de 100.000 persoas congregáronse nos areais da capital herculina para desfrutar de miles de cacharelas reflectidas no mar. O lema, a diferencia doutros lugares de Galicia, que utilizou o reclamo tradicional do San Xoán, na Coruña preferiron o inglés para vender o "San Juan is back" (San Xoán está de volta).

As praias e rúas galegas amenceron con moitas das súas fogueiras aínda en chamas, con toneladas de lixo tras a celebración dunha noite máxica e algunhas rifas entre os grupos de mozos máis reticentes a apagar a festa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Lúa

This is the end ;(

1 Apocalypse Orzán

O horror... O horror...

1 Máire Siobhán

Estes son uns adiantados, xa saben que os seus netos van falar inglés e galego porque par aquela o galego será o idioma oficial e o inglés o segundo idioma. Castellano de segundo idioma optativo. Estamos no mundo por fin.