Máis de 250 refuxiados ucraínos teñen pasado polo dispositivo sanitario na Cidade da Cultura

O obxectivo deste dispositivo é promover e mellorar a saúde das persoas desprazadas a Galicia desde Ucraína. Tamén inclúe a prevención e detección de enfermidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O punto de atención sanitaria habilitado pola Xunta na Cidade da Cultura, en Santiago, para atender a refuxiados ucraínos asistiu a 251 persoas. Este número supón un 92% dos citados (273) entre o 30 de marzo e 13 de abril.

Este dispositivo recibiu unha media de 27 persoas por día, das cales un 76% son mulleres. Respecto das áreas sanitarias, a maioría de persoas atendidas corresponden a Santiago cun 63% do total (159). Tamén acudiron persoas das áreas sanitarias de Ourense (49) e A Coruña (38).

Das actuacións realizadas, 145 foron altas en cartón sanitario, un 57%. Ademais, fornecéronse 70 vacinas contra a covid e pediátricas.

O obxectivo deste dispositivo é promover e mellorar a saúde das persoas desprazadas a Galicia desde Ucraína. Tamén inclúe a prevención e detección de enfermidades.

A Dirección Xeral de Saúde Pública explicou que os principais procesos realizados nos puntos de atención son a tramitación da documentación sanitaria, a valoración do estado de saúde por medio da confección do historial clínico e toma de mostra para determinadas probas, a valoración do estado de inmunización e administración de vacinas, e o apoio psicolóxico.

Varias persoas lanzan globos ao aire como xesto para o fin da guerra en Ucraína, na praza do Obradoiro, a 25 de marzo de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). O acto, convocado polo Equipo de Investigacións Políticas de. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias persoas lanzan globos ao aire como xesto para o fin da guerra en Ucraína, na praza do Obradoiro, a 25 de marzo de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). O acto, convocado polo Equipo de Investigacións Políticas de. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta