Temas: RIANXO 061 112

Un ferido no porto de Rianxo tras recibir un golpe cunha máquina mentres traballaba nunhas obras

Unha embarcación da empresa que realiza as obras no embarcadoiro trasladou ao ferido ata o peirao, onde o esperou o equipo médico do 061.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 23:19

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido tras recibir un golpe cunha máquina mentres traballaba nas obras do porto de Rianxo.

Ás 17,15 horas deste venres, os servizos sanitarios solicitaban medios ao 112 Galicia para axudar na evacuación dunha persoa ferida que estaba a traballar nas obras do peirao e que quedara atrapada nunha máquina por unha perna. Indicaban que o accidente ocorrera no mar e que, posiblemente, sería necesaria unha embarcación para levar a cabo a evacuación.

Nese mesmo instante, un alertante contactaba co 112 Galicia e aseguraba que a persoa, que estaba nunha plataforma no embarcadoiro de pesca dentro da dársena, non estaba atrapada pero si necesitaba ser evacuada.

Unha embarcación da empresa que realiza as obras no embarcadoiro trasladou ao ferido ata o peirao, onde o esperou o equipo médico do 061.

Finalmente, o ferido foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Sede do 112, Axega. 112
Sede do 112, Axega. 112

Temas: RIANXO 061 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta