Detectado en Galicia o primeiro caso de salmonelose nun neno por consumo de ovos Kinder

Outros dous infantes seguen en estudo, segundo o conselleiro de Sanidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio  García Comesaña, informou de que se confirmou en Galicia o primeiro caso de salmonelose nun neno que "encaixa" coa alerta sanitaria existente en relación co consumo de ovos Kinder. En declaracións á prensa este sábado na Estrada, o conselleiro sinalou que existen tamén outros dous casos sospeitosos de salmonelose na comunidade galega que están en estudo.

Con todo, remarca que o neno "está ben", "en perfecto estado", nun caso ocorrido hai dúas semanas e que se confirmou o pasado venres. No tocante aos outros dous supostos sospeitosos, remitíronse as mostras ao Ministerio de Sanidade para que se analicen no Centro Nacional de Microbioloxía.

Con todo, García Comesaña quixo mandar unha "mensaxe de tranquilidade", dado que é unha patoloxía que se deriva desta infección que, "afortunadamente, está controlada". Pide que nos produtos deses lotes non se consuman, aínda que a cadea loxística está a retiralos grazas ao traballado de autoridades sanitarias para que "non haxa máis galegos" contaxiados.

Ovo Kinder
Ovo Kinder | Fonte: Pixabay

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta