O BNG pide reformar a lei electoral para "garantir" o voto das persoas residentes no estranxeiro

Néstor Rego vén de presentar enmendas á norma no Congreso dos Deputados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O BNG presentou emendas no Congreso á reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral co obxectivo de "garantir e facilitar" o voto das persoas residentes no estranxeiro. Así mesmo, sinalou que é necesario habilitar todas as dependencias consulares e outros lugares autorizados buscando que estean repartidos territorialmente, adaptándose ás circunstancias particulares de cada país ou Estado, para así favorecer o exercicio de dereito de voto.

Ademais, o BNG tamén propuxo a aplicación dun procedemento semellante aos estranxeiros rexistrados no ERTA, pensado para estancias no estranxeiro non permanentes, que o establecido para os rexistrados no Censo de Residentes Ausentes nesta reforma. Segundo explicou o deputado Néstor Rego nunha nota de prensa, o obxectivo é que así se lles facilite igualmente de oficio a documentación e se lles acheguen as mesmas opcións de voto que á CERA.

Por outra banda, a organización nacionalista propuxo que se elimine o apartado que permite ao Goberno adaptar o procedemento en función das necesidades, xa que considera que "nun procedemento electoral, non cabe dar cheques en branco". Paralelamente, o BNG reclamou que a oficina do censo electoral, en colaboración cos consulados, realice unha revisión de carácter anual do censo electoral de residentes no exterior co fin de mantelo permanentemente actualizado.

Noutra orde de cousas, denunciou que, a pesar de que consideran que a remisión de oficio da documentación electoral é "unha medida positiva", a recepción da documentación nun domicilio permitiría o voto a calquera persoa se se envía certificada, posto que o único mecanismo de control que se pide é a copia do carné ou do pasaporte e, engaden, "non se asegura o control da identidade no momento da entrega".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta