Galicia estuda como loitar contra a seca e esquivar o cambio climático

A Consellería de Infraestruturas avanza na axudicación de dous contratos para analizar os caudais galegos e facer un mellor uso dos recursos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, recibiu un total de 10 ofertas para impulsar dous sistemas innovadores para mellorar a xestión da auga e aumentar a resiliencia ante o cambio climático mediante as novas tecnoloxías, que suporán un investimento de 5,7 millóns de euros. Un elemento de capital importancia ante a ameaza de seca que se cerne sobre o territorio.

Das 10 ofertas presentadas, cinco delas concorren ao primeiro contrato licitado pola Xunta, polo cal a solución tecnolóxica proposta permitirá ampliar o coñecemento das concas hidrográficas mediante a xestión de diversos datos, como as predicións de precipitacións, de temperaturas ou os resultados de análises de calidade das augas. Suma un importe de máis de 2,7 millóns e conta cun prazo de execución de 12 meses.

Por outra banda, o segundo contrato recibiu outras cinco ofertas e está dirixido ao desenvolvemento e á implantación dun sistema avanzado para a adaptación ao cambio climático, que integre as principais variables relacionadas coa preparación e resposta fronte a inundacións e secas e coa xestión de recursos hídricos. Licitouse por un importe de preto de 3 millóns e disporá dun prazo de execución de 12 meses. Tamén se abordará no marco do contrato a sensorización innovadora de concas hidrográficas e a monitorización remota automática de encoros.

Río. XUNTA
Río. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta