A Xunta insiste na recomendación do uso da máscara nos colexios: "Non sobra"

O conselleiro de Cultura destaca a "grandísima normalidade" rexistrada trala eliminación da obriga da máscara en interiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou a "grandísima normalidade" rexistrada nos centros desde que a semana pasada se eliminase a obrigatoriedade do uso da máscara no seu interior, a pesar de que a Xunta optou por manter a súa recomendación.

Preguntado respecto diso durante unha rolda de prensa este luns na Cidade da Cultura, Rodríguez lembrou que o pasado mércores --xusto o día que entrou en vigor a retirada do cubrebocas-- o seu departamento enviou unhas instrucións "avaladas pola Consellería de Sanidade" aos colexios e institutos.

Así, unha vez implantadas estas medidas, tal e como asegurou o titular de Educación da Xunta, non houbo "ningunha problemática" nin "reacción" a elas nos centros, senón que houbo "unha grandísima normalidade".

Iso si, coa "responsabilidade e o sentido común", e dado que a rapazada "está bastante acostumada", Rodríguez insistiu en que "por prudencia e por respecto, non sobra, de modo voluntario, manter a máscara".

Crianzas con máscaras nos colexios. FUNDACIÓN COMPARTE
Crianzas con máscaras nos colexios. FUNDACIÓN COMPARTE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta