Este martes o Parlamento galego celebrará o seu primeiro pleno sen obrigación de máscara aínda que a recomenda

Tamén se recomenda nos desprazamentos de dous ou máis persoas en interiores de vehículos ou medios de transporte laboral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia celebra este martes a súa primeira sesión plenaria sen a obrigación de usar máscara nos interiores, pero segue recomendado o seu uso en todas as reunións de traballo, especialmente se non se pode gardar a distancia de seguridade, e en todos os casos de persoas con sintomatoloxía compatible ou que foron contacto cun positivo.

Un día antes do que será, previsiblemente, o último pleno de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, a Mesa da Cámara reuniuse este luns (como é habitual) e nela, unha vez "escoitados" os grupos parlamentarios, e aínda que o uso da máscara deixou de ser obrigatorio, segue recomendando empregar este elemento de protección a todas as persoas que entren no Pazo do Hórreo en diferentes situacións.

En concreto, para persoas con sintomatoloxías compatibles coa covid-19, persoas non vacinadas; persoas contaxiadas non obrigadas a gardar corentena, asintomáticos ou leves; persoal que fose contacto estreito cun positivo en covid-19, durante polo menos o cinco días seguintes ao contacto; e a aquelas persoas que teñan circunstancias individuais de vulnerabilidade á covid-19 (maiores de 60, inmunodeprimidos ou embarazadas).

Tamén se recomenda nos desprazamentos de dous ou máis persoas en interiores de vehículos ou medios de transporte laboral; en canto existan situacións de aglomeracións ou concentracións de persoas en espazos interiores con escasa ou nula ventilación; e naquelas situacións nas que non se poidan garantir a distancia social de 1,5 metros e, por exemplo, durante reunións, grupos de traballo, e tarefas con contacto directo con outras persoas que teñan lugar en espazos interiores.

Ademais de ser recomendacións para o persoal traballador, tamén son extensibles ao persoal dos grupos parlamentarios, persoal dos medios de comunicación e calquera outra persoa que acceda ao interior da sede do Parlamento.

ORDE DO DÍA

O pleno arrincará este mércores co debate do ditame e das propostas de resolución na comisión permanente non lexislativa de relacións co Consello de Contas e seguiralle o debate de totalidade do proxecto de lei do ciclo da auga.

Será o mércores cando teña lugar o previsible último cara a cara do líder do PP coa oposición, Ana Pontón (BNG) e Luís Álvarez (PSOE), como presidente da Xunta. Aínda que dado que é deputado --como así o require a lei para ostentar o cargo--, poderá acudir e votar a investidura do seu sucesor, o cal dixo que fará.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos seus vicepresidentes Alfonso Rueda e Francisco Conde na primeira sesión de control no Parlamento de Galicia tras a súa proclamación como novo presidente do Partido Popular. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto aos seus vicepresidentes Alfonso Rueda e Francisco Conde na primeira sesión de control no Parlamento de Galicia tras a súa proclamación como novo presidente do Partido Popular. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta