A Xunta destina 340.000 euros ás axudas para programas de calidade alimentaria

Estas subvencións pódense solicitar a partir deste mércores e durante o prazo dun mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, que regula as axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias. O importe da convocatoria deste ano ascende a 340.000 euros.

Poderán ser obxecto destas axudas as actuacións encamiñadas ao control da calidade e da orixe dos produtos das denominacións de orixe, das indicacións xeográficas ou da agricultura ecolóxica. Tamén poderán recibir subvención os estudos, as investigacións e o desenvolvemento de programas para a mellora da calidade dos produtos obxecto de protección ou os gastos relacionados coa acreditación do consello regulador e para o seu mantemento.

A maiores poderase recibir axuda para a adquisición ou aluguer de bens de equipamento e materiais --incluídos os equipos e aplicacións informáticas-- que se empreguen na execución dos programas de control, así como os gastos derivados da realización de análise de laboratorio e outros ensaios relacionados coa certificación do produto.

Por último, subvencionaranse os gastos derivados de recorrer a unha consultoría externa para alcanzar diversas acreditacións e os relativos a estudos realizados por terceiros cuxo obxecto sexa a mellora da calidade do produto ou dos sistemas para o seu control.

ELEVADO NIVEL DE RIGOROSIDADE

Estas axudas permitirán aos consellos reguladores manter o elevado nivel de rigorosidade necesario na realización das súas tarefas de control da orixe e a calidade dos produtos que certifican, rigor que é "clave para a reputación" das denominacións de orixe e de indicacións xeográficas e, en xeral, para o sistema do control de calidade. Así o explicou a Consellería a través dun comunicado.

Estas subvencións, financiadas exclusivamente con fondos propias da Xunta de Galicia, poden solicitarse no prazo dun mes a partir deste mércores días 27 de abril.

O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento de Galicia. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento de Galicia. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta