Desaloxado o centro de saúde de Vilanova de Arousa por un problema na caldeira

O fume obrigou a evacuar brevemente o recinto, sen que se produciran feridos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O Centro de Saúde de Vilanova de Arousa foi desaloxado este martes debido ao fume causado por unha combustión defectuosa da caldeira, pero non houbo persoas feridas. Segundo informou o 112 Galicia, recibiu a alerta dun posible incendio no inmoble, situado na Rúa de Rodas, sobre as 11,00 horas deste martes.

Persoal do centro médico que contactou co CIAE-112 Galicia explicou que procederon a desaloxar as instalacións por mor da presenza de fume. A partir de aí, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e de Protección Civil.

Posteriormente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilagarcía confirmaron ao 112 Galicia que o fume se produciu por unha defectuosa combustión da caldeira, sen que chegase a producirse lume. Despois de que os equipos de intervención ventilasen o inmoble, as persoas desaloxadas regresaron de novo ao interior do edificio, sen que ningunha resultase afectada.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta