Xunta e o Goberno central colaborarán pola sustentabilidade agropecuaria na Limia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/04/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

A Xunta e o Goberno central avanzan na súa colaboración para impulsar a sustentabilidade da actividade agropecuaria na comarca da Limia. Segundo sinalou a Consellería do Medio Rural, este martes o conselleiro José González mantivo unha reunión por videoconferencia co secretario xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio, Fernando Miranda.

O conselleiro de Medio Rural, José González, participa por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios
O conselleiro de Medio Rural, José González, participa por videoconferencia no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios | Fonte: Xunta de Galicia.

Durante o encontro, ambos valoraron os progresos rexistrados no proxecto de limpeza das canles de regadío e dos camiños paralelos da comarca ourensá, uns avances que, aseguran, permitirán iniciar en breve a súa tramitación.

Neste sentido, o secretario xeral lembrou que a iniciativa ten a consideración de proxecto de interese xeral, conforme á lei de acompañamento dos orzamentos xerais do Estado de 2022, o que supón darlle prioridade por parte do Ministerio.

Así mesmo, infórmase de que estas actuacións teñen un orzamento de 16 millóns de euros e centraranse en asegurar a drenaxe e o correcto funcionamento do sistema hídrico da comarca, algo "esencial" para garantir "a sustentabilidade da súa actividade agropecuaria".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta