Temas: A CORUñA HUMOR

A Coruña acolle o Encontro Mundial do Humorismo

Congregará, ata o próximo 8 de maio, as figuras e espectáculos máis relevantes do panorama humorístico galego e estatal.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 26/04/2022 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Coruña acolle desde o venres unha nova edición do Encontro Mundial do Humorismo (EMHU), unha cita que congregará, ata o próximo 8 de maio, as figuras e espectáculos máis relevantes do panorama humorístico galego e estatal, segundo a propia organización.

Vitoria Martín e Carolina Iglesias
Vitoria Martín e Carolina Iglesias | Fonte: ENCONTRO MUNDIAL DO HUMORISMO.

Cómicas como Eva Hache, Sílvia Abril, Carolina Iglesias, Vitoria Martín, Ana Morgade, Inés Hernand, Nerea Pérez de las Heras, Car de Lorenzo ou Cristina Castaño encabezan un programa no que tamén estarán David Broncano, Luís Piedrahita, Leo Harlem, Xosé Antonio Touriñán, Quequé ou Ignatius Farray, entre outros.

A segunda edición do Encontro Mundial de Humorismo, organizado pola produtoras Etiqueta Negra e El Espectador baixo a batuta de Luís Piedrahita, aspira a consolidarse este 2022 como o festival máis importante do sector en España, coa asistencia de máis 19.000 persoas.

A intención do EMHU é ofrecer "un encontro cultural interxeneracional único, con actuacións en directo das figuras con maior proxección do ámbito do humor que, á súa vez, compleméntanse con actividades divulgativas paralelas, como coloquios, exposicións ou concertos".

Nesta segunda edición, EMHU programará catro producións propias que só se poderán ver na Coruña.

Temas: A CORUñA HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta