Ofensiva contra a "manipulación" de El Mundo

O mundo da cultura en Galicia estase a movilizar para dar resposta a un artigo publicado hoxe por El Mundo e que asegura que o himno galego, aceptado por todos os partidos, "insulta" aos que non saben falar este idioma. Escritores, artistas, actores e xornalistas, entre outros, preparan un manifesto para respostar ao que consideran unha "manipulación". A noticia do diario madrileño rebautiza, ademáis, a Pondal como Gustavo en vez de Eduardo, auténtico nome de quen escribiu o poema 'Os Pinos'.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/08/2007 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

34 Oscar

Galiza ceive, vin o de periodista digital e deixéi a miña opinión.
ese tipo de comentarios non nos poden estranar nunha época na que o facherío puro presume de liberalismo e modernidade con frases coma "la gente normal vota a un partido moderno y moderado como es el PP". Déixaos que se crean que son moi modernos, como cando Rajoy di que algo está "pasado de moda"; sempre consigue facerme rir cando di eso; referirse neses termos a asuntos políticos. Algún día para el a democracia tamén "pasará de moda", xa o veredes.
Míraos que modernos son, que enfrentan aos españois, invaden países, minten, manipulan e rouban, fan que España se convirta nun niño de terroristas e mafiosos rusos, lámbenlle o cú aos curas, son racistas, maniféstanse con bandeiras preconstitucionais e crénse que sempre que teñen toda a razón, máis ben toda La Razón.
Iso sí como di Rajoy, "yo no soy de izquierdash ni de derechash, esho es una divishión pashada de moda". Non, Mariano, ti non eres de dereitas, non pouco.

33 Mariquiña

Como os símbolos dun país non son importantes... non entendo o secuestro dunha publicación, o escándalo que se desatou na Copa Davis no 2003 cando sonou o himno de Riego, que por queimar un trapo teñas que pagar unha multa ou ir, noutros países, ó cárcere...

32 galiza ceive!

carlota, esta ben que nos digas o que pensas dos nosos simbolos: "o himno é unha tontería". Será enton por iso que don primo de riveira ilegalizouno?

nembargantes, cando o goberno maioritario de Euskadi non pon a bandeira "nacional", iso é un escandalo, que os tribunais teñen que impedir a toda costa. Cando o estatuto de catalunya pon "nación" no preambulo, iso é digno de movilización xeral da cidadanía. E cando as manifestacións do pp rematan co himno "nacional", pois é simplemente musica de fondo. O himno de galiza, polo que moita xente foi a cadea, nada, esas son pailanadas dos galegos que "comen 3 veces al día".

Contradiccións tan visibles que simplemente fan máis forte o noso movemento independentista.

E afirmacións como que aprender un himno é algo do que "non hai memoria en España" mostran o mellor dos teus pensamentos.

31 Oscar

http://es.wikipedia.org/wiki/La_Mar...
Dedícollo a french_connection. Salut!