O "colapso" das urxencias do CHUAC volve deixar pacientes agardando nos corredores

A xerencia evita desmentir as denuncias dos facultativos e limítase a sinalar a grande afluencia de pacientes con enfermidades respiratorias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2022 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña denunciou un "novo colapso" nas urxencias, que a xerencia, á súa vez, vincula cun aumento da atención de persoas de idade avanzada "con patoloxías de base descompensadas", así como ao incremento de infeccións respiratorias.

Nun comunicado, a Comisión de Centro afirma que o luns a entrada en Urxencias "chegou a máximos históricos, acudindo 481 pacientes". "A día de hoxe, o servizo segue colapsado porque o hospital non é capaz de asumir correctamente esta afluencia de pacientes". "A xerencia, lonxe de dar unha resposta, limítase a mirar para outro lado, o que provoca que os pacientes se atopen amontoados nos corredores", cita, entre outras zonas do hospital.

Ademais, afirma que ao nove da mañá deste mércores había "case 150 pacientes no servizo, con 40 pendentes dunha cama para ingresar". Por iso, piden á xerencia que deseñe "un plan de abordaxe", á vez que esixe "unha solución".

AUMENTA A ATENCIÓN CASE UN 25%

Pola súa banda, a xerencia confirmou a Europa Press que o hospital se atopa nestes momentos "a plena ocupación" o que vincula, ademais de con os casos que chegan a Urxencias, con que se estea realizando "toda a actividade cirúrxica que é posible para emendar o que se deixou de facer na pandemia".

Ademais, sostén que o persoal de Urxencias "foi reforzada nos últimos meses", á vez que destaca que a atención neste servizo é "case un 25%" máis que no mesmo período do ano pasado. "E a maior histórica", admite. "Todos os recursos do hospital mantéñense operativos", precisaron, lmaentando as "incomodidades que se poidan producir". No entanto, incide en que "a calidade asistencial está garantida", á vez que agradece ao persoal o seu "esforzo e profesionalidade".

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC)
Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) | Fonte: Nemigo en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta