O concerto de Leiva na Coruña, aprazado ata o 29 de outubro por problemas de saúde do artista

Por E.P. | A CORUÑA | 27/04/2022 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O concerto de Leiva, previsto para este sábado 30 de abril no Coliseum da Coruña, tivo que ser aprazado ao 29 de outubro por problemas de saúde do artista.

Leiva. CONCELLO DA CORUÑA
Leiva. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Segundo informa o consistorio, o cantante ten unha afección nas cordas vocais que lle obriga a cancelar as súas actuacións na Coruña, primeira data ata agora da súa xira, e en México.

As entradas, esgotadas hai meses, seguirán sendo válidas para a nova data, o sábado 29 de outubro, sen necesidade de realizar ningún novo trámite. Por outra banda, no caso de que as persoas con entrada desexen solicitar o reembolso, poderán facelo a través das canles oficiais dos puntos de venda en liña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta