CIG-Ensino acusa á Xunta de "discriminar" a nenos de educación infantil segundo o centro e zona xeográfica

Critica os cambios introducidos para a repartición de prazas de orientación en escolas e colexios de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A federación de ensino do sindicato CIG acusou á Consellería de Educación de "discriminar" aos nenos de educación infantil polos seus criterios na dotación de prazas de orientación que, din, prexudica a determinados centros e zonas xeográficas de Galicia.

Nun comunicado remitido aos medios este xoves, a central nacionalista critica os cambios introducidos pola Administración autonómica para a repartición de prazas de orientación en escolas e colexios de Galicia.

A CIG considera que todos os centros con seis ou máis unidades deberían contar cun servizo de orientación. Piden que para medir este baremo se contabilicen as unidades de infantil.

Así, denuncia que as escolas de educación infantil "son unha das tipoloxías de centros máis prexudicadas pola decisión da administración educativa de non pór ao mesmo nivel as aulas de infantil que as de primaria".

Como propostas, a CIG pide á consellería a modificación da rede de orientación para que computen as aulas de infantil, dotar "de carácter inmediato" ás EEI de seis ou máis unidades dun departamento de orientación e que se negocie cos sindicatos "calquera modificación dos catálogos dos postos de traballo".

Crianzas nunha escola infantil. ANA VARELA - Arquivo
Crianzas nunha escola infantil. ANA VARELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta