Pontón xustifica o "si" do BNG ao decreto anticrise malia velo "insuficiente"

Defende que "ten medidas positivas" e que reactiva "a axenda galega".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/04/2022 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xustificou o si do deputado Néstor Rego no Congreso á validación do decreto anticrise, aínda que o ve "insuficiente", porque "ten medidas positivas" e reactívase " a axenda galega".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Con motivo dun acto en Madrid, advertiu de que este decreto "non vai ser capaz de superar" a situación "grave" de inflación actual, pero "sería moito peor" que non se aprobase.

Ademais, destacou que o BNG "consegue" introducir algúns aspectos, como que a tramitación dos parques eólicos teñan obriga de exposición pública previa, algo que "preocupa" en Galicia ante o "boom eólico e o lobby eléctrico".

Pontón tamén subliñou que o Goberno de Sánchez "ten un compromiso de investidura" co BNG e agora "reactívase a axenda galega en Madrid". "Hoxe o BNG di claramente si a axudar á cidadanía deste país, aos sectores afectados (pola crise), sabendo que son insfucientes (as medidas)", remachou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta