Fin ao conflito entre Xunta e Estado pola Lei galega de saúde

O Tribunal Constitucional procede á extinción do proceso iniciado polo Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/04/2022 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O Tribunal Constitucional puxo fin ao conflito aberto entre a Xunta e o Goberno central pola reforma de lei de saúde galega que motivou a presentación dun recurso de inconstitucional por parte do Executivo.

Tribunal Constitucional
Tribunal Constitucional | Fonte: Europa Press.

O conflito competencial quedou resolto coa inclusión na lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta para 2022 do acordo alcanzado no marco da comisión bilateral, onde goberno central e autonómico manteñen aínda varias disputas.

O choque entre Xunta e Estado pola reforma da lei de saúde foi un dos conflitos que máis relevancia gañou ao producirse no contexto da pandemia e as críticas do Goberno galego pola falta dunha lexislación a nivel estatal para afrontar crises sanitarias deste tipo.

Agora, o Tribunal Constitucional, nun relatorio asinado polo maxistrado Enrique Arnaldo, pon fin de forma definitiva ao proceso ao desistir o Goberno na súa demanda unha vez plasmado na lei o acordo subscrito.

En concreto, a lei de saúde galega aclara agora o carácter voluntario da vacinación e que se aplicará de acordo co establecido pola Administración Xeral do Estado no exercicio das súas competencias e de acordo tamén coa estratexia estatal de vacinación vixente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta