E logo, que facer?

Remato de releer o artigo de Xose M. Beiras publicado no xornal Nós como manifesto particular. Concordo que compre facer autocritica mais tamén deberamos facer algunha proposta para tentar sair da encrucillada que temos enrriba das costas e para a que o parecer non temos unha alternativa doada.

Por Fermín Paz | Ferrol | 29/04/2022

Comparte esta noticia
 Aló polo 2015 publiquei un artigo feito dende as miñas entendedeiras na que dibuxaba algúnha corredoira pola que camiñar. Si alguén quere darlle unha volta, aló vai  de novo. Farei só, algunhos apuntamentos daquela muiñada. 
 
Teño dito mais dunha e sete veces que a crise é unha realidade obxectiva coa que imos ter que convivir neste tempo. Nesta convivencia no sistema hexemónico do capitalismo, crises e conflito conforman a rolda dialéctica dos acontecementos.
 
O capitalismo que ven é mais reaccionario e autoritario. Non será posible a volta de políticas neokeynesianas para que o estado benfeitor terme do social; este modelo foi posible pola existencia dun proxecto socialista que foi emerxendo na crise, dos anos 30 do século pasado, e que alentou o imaxinario alternativo das loitas da clase obreira, principalmente na Europa. A resposta reformista do capital temos que asociala ao poder popular que emerxía. As reformas e manexos da politica de hoxe   no mellor dos casos, son recortes do social por moito que na maioria dos parlamentos, as  chamen axustes.
 
O bipartidismo ( sistema de reparto exclusivista para xestionar entre dous partidos o goberno do estado desde a ditadura ata hoxe ), ademais dalgún logro foi quen de practicar e consentir excesos que hoxe saen a luz porque os sumidoiros do aparello do estado, xa non son quen do drenaxe de tanta “merda”. O “fenómeno” Podemos, foi unha expresión da canalización do cabreo contra certo podrecer do institucional e da mentira permanente. Mais tamén expresou a potencialidade dunha nova xeración que quixo ser protagonista, cansa de esperar por un cambio real, de tanta promesa incumprida e que soubo aproveitar intelixentemente a cointura cunha estratexia formulada sobre a tese que fai anos berramos outros, aínda que parecera que pouca xente quería  escoitar e menos corrixir o que se denunciaba co lema “ PSOE –PP, a mesma merda é”. Saúdei  a súa aparición como organización política  e cansei na espera para que os avais electorales que recibiron serviran para un confronto de verdade co bipartidismo  e xa que logo fose posible,  a limpa do “chiringo” que estes dous partidos tiñan e teñen montado. 
 
Como nacionalista galego na situación actual dunha non militancia escollida, non  votei a Podemos, nin acredito na súa dialéctica circular españolista  que xa nos primeiros pasos organizativos foi  unha espiral do silencio coas minorías e co pluralismo. Ademais fun contrario e non acreditei no  hexemonismo sectorial e da amizade nas direccións das súas organizacións e mantiven unha desconfianza confesable  co seu  irresistible ascenso  e cos peaxes da formulación das Mareas. Sigo defendendo, unha organización cos pes, o corazón e cabeza na nosa terra, nova si, democrática e integradora de sensibilidades tamén, pero  sempre galega. Non precisamos escoitar, a "Iolanda"de Pablo Milanes aínda que algún día sintamos a derrota.
 
 É necesaria unha proposta  para  a reforma  da Lei electoral e das diferentes representacións (tamén a sindical), e un adianto de como meterlle man o enriquecemento indebido e os diferentes poderes do Estado, tanto eiqui como acolá. 
 
A teoría que consiste en fundamentar a saída da crise sobre a noción moral da xustiza,  a loita contra o modo de distribución, en lugar de darlle  cimentos  a loita contra o modo da produción, ou o antagonismo de clases  na economía capitalista xa ven de moi lonxe, das primeiras manifestacións teóricas da socialdemocracia. Nestas latitudes o discurso non é novo, pero a práctica amosou que quen reparte sempre é o beneficiado e logo  cando nos decatamos, fuximos das responsabilidades cara aos “salvadores”. ¡ Salvémonos nos mesmos!.
 
A crises podemos vivila e padecela de moitos xeitos, pero considero que cando menos, obríganos a matinar e tratar de construír un  proxecto nacional e social  na nosa terra. Son tempos para un proxecto novo para a nación galega, que sin esquecer o vello, o actuante, tente de novo sumar esforzos e xentes do común  nun novo Riazor, sobre do organizado, de quen resiste ao poder establecido individual ou colectivamente , de quen participa de movementos sociais, de quen queira debater e impulsar un proceso constituínte, tanto na consolidación de formas antagonistas de poder como na articulación, impulso e apoio a políticas claras, concretas da disputa do poder.
 
Formulo cinco eixos sobre os que debater para logo construír, aínda sen esquecer a dimensión internacional,  mesmo a cuestión Europea, nun contexto de tanta esixencia para a nosa terra :
 
-Unha clara orientación a politización baseada na mobilización.
-Unha tendencia a radicalización do análise (Critica) e das accións.
-Unha   sintonía entre militancia, xente do común e reivindicación. A construción e o exercicio de poder non esquece a etapa da reivindicación.
-A conformación de identidade política ou socio-política con subxectivación antagonista.
-Construír organización política sobre bases comunitarias e de camaradería real. Novos métodos de traballo e de participación, nova dirixencia integradora de calquera sensibilidade, non sobra ninguén. Quen participa vota e decide.
 
Non sei se é posible materializalo, aínda así, é unha obriga propoñelo antes de que as furnas falen  e logo a necesidade e oportunidade faigan mixtura. A unidade do nacionalismo popular con miras a superar a orde social existente, a fusión da loita diaria coa transformación do sistema, é a tarefa.
 
De todolos xeitos, sei que é moi difícil poñerse de novo o choio. O 2007 deixei o Bloque porque estaba e estou convencido de que dita proposta é a uneca solución que ten o nacionalismo galego nas  diferentes formulacións para facer posible o seu ideario. 

Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo
Xosé Manuel Beiras, na Reboraina, nunha entrevista con Europa Press. EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.