Aprobado o acordo para aplicar a norma estatal de revisión de prezos en obras

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, censura a "invasión clara de competencias" da nova lei estatal de benestar animal, un texto ao que a Xunta presentou un total de 126 alegacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves o acordo para que os concellos, as deputacións provinciais, as universidades e todas as entidades do sector público galego poidan aplicar o Real decreto lei aprobado o pasado 1 de marzo polo Goberno de España de revisión de prezos nas obras.

O Goberno galego adopta esta decisión para facilitar a viabilidade das obras públicas da Comunidade e minimizar o dano nos investimentos públicos polo "incremento extraordinario de prezos das materias primas, dos materiais de construción e da crise enerxética".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu en que se dá este paso mentres se busca un acordo no conflito de competencias aberto polo Goberno en relación á medida que o Executivo galego introducira na lei de acompañamento dos últimos orzamentos autonómicos.

Non en balde, considera que a normativa estatal é "insuficiente" para facer fronte á problemática debido ao "breve horizonte temporal que fixa", a que inclúe só a revisión de prezos en catro materiais e a que exclúe os contratos de servizos e os custos enerxéticos.

A exclusión de materiais como o plástico, vidro, a madeira, produtos químicos ou cerámicos pon en risco, advirte a Xunta, "pon en risco" a execución de obras hidráulicas, a conservación de estradas ou as obras de rehabilitación edificatoria. Por iso, a Xunta xa se dirixiu ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co fin de solicitar que amplíe o alcance da normativa estatal.

FONDOS NEXT GENERATION

Noutra orde de asuntos, a Xunta convocará case 7,5 millóns dos Fondos Next Generation para fomentar a agricultura de precisión, a eficiencia enerxética e a economía circular no sector agrario.

O Consello analizou na súa reunión o informe sobre estas axudas, que se publicarán en breve no Diario Oficial de Galicia (DOG) e coas que se prevé chegar a unhas 250 explotacións. Serán as segundas que convocará a Consellería do Medio Rural ao amparo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Os conselleiros da Xunta de Galicia, antes de participar na reunión do Consello, nos Xardíns de San Caetano, a 28 de abril de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Trátase do último Consello no que acudirá o actual. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Os conselleiros da Xunta de Galicia, antes de participar na reunión do Consello, nos Xardíns de San Caetano, a 28 de abril de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Trátase do último Consello no que acudirá o actual. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

INVASIÓN DE COMPETENCIAS

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, censura a "invasión clara de competencias" da nova lei estatal de benestar animal, un texto ao que a Xunta presentou un total de 126 alegacións.

En resposta a unha pregunta do Grupo Popular na Comisión de Ordenación Territorial, Do Campo lembrou que Galicia xa conta cunha norma propia desde 2017, á vez que critica que o Goberno central fai "unha regulación de máximos" que "está a esgotar un desenvolvemento normativo que deberían facer as comunidades autónomas".

Deste xeito, a Xunta presentou alegacións ao que considera unha "invasión" ás competencias da comunidade con ese anteproxecto. Pon de exemplo que o sistema central de rexistros para a protección animal supón "un exceso de regulación" que provoca unha "inoperancia" no seu funcionamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta