Galicia tivo case 20.000 diagnósticos de cancro o ano pasado, situándose entre as autonomías con máis incidencia

O máis frecuente é o colorrectal, seguido polo de próstata, mama e pulmón. Ademais, na comunidade autónoma case 8.300 persoas faleceron en 2021 debido a esta enfermidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Galicia, con case 20.000 novos diagnósticos o pasado ano, é unha das comunidades autónomas con maior incidencia de cancro. Só na provincia da Coruña o ano pasado diagnosticáronse máis de 8.000 novos casos --case o 41% dos detectados en toda a rexión--.

O máis frecuente é o colorrectal, seguido polo de próstata, mama e pulmón. Ademais, na comunidade autónoma case 8.300 persoas faleceron en 2021 debido a esta enfermidade.

Estas cifras foron facilitadas pola Asociación Española Contra o Cancro con motivo da inauguración no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco) do 'Tour do Cancro', unha iniciativa que percorrerá diversos puntos de España.

O seu obxectivo, a través de conferencias, é incrementar a visibilidade e o coñecemento da enfermidade á sociedade, ademais de trasladar os servizos que ofrece a asociación aos pacientes con cancro e as súas familias.

O 'Tour do Cancro' visitará diferentes puntos de Galicia ao longo do mes de xuño para proporcionar as claves sobre os que é o cancro e a súa prevención. O día 2 estará en Vigo, o 7, en Lugo e o 15, en Ourense.

XORNADAS

Na conferencia inaugural na Coruña participaron o presidente da Asociación Española Contra o Cancro, Ramón Reyes, e o presidente provincial da entidade, Manuel Aguilar, así como o doutor Carlos López-Otín.

Para apoiar aos pacientes con cancro e as súas familias, a asociación pon á súa disposición, de forma gratuíta, servizos de atención psicolóxica, social e logopédica, ademais dun novo servizo de fisioterapia e actividades de formación e tempo libre.

Esta institución tamén convoca anualmente axudas á investigación oncolóxica. O ano pasado, das 17 que se outorgaron en Galicia, 13 foron para investigadores, médicos e estudantes de Santiago e A Coruña.

Presentación da carreira contra o cancro. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación da carreira contra o cancro. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta