A Xunta suma máis de 11.000 persoas ao seu programa de emprego cunha influencer

Achegará "retos" de 15 minutos para os participantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Máis de 11.000 persoas participarán no #RETOEMPREGO30DÍAS promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa influencer galega Eva Porto, "co obxectivo de contribuír á súa empregabilidade con desafíos diarios de 15 minutos durante un mes nos que se abordarán algunhas das estratexias máis apropiadas para ampliar as oportunidades laborais e afrontar con éxito os procesos selectivos".

O programa, en liña e gratuíto, desenvolverase a partir do próximo 1 de maio e prolongarase ata o 30 deste mes. As persoas que desexen participar aínda poden formalizar a súa inscrición a través da súa páxina web.

Entre outras temáticas, os retos abordarán o currículo vitae, as entrevistas de traballo, o uso de redes como Linkedin, portais de emprego e formación, entre outros. Inclúese ademais un servizo de orientación laboral para os participantes con "claves" do éxito na procura de emprego, estratexias de autorregulación (control emocional e enfrontamento activo) ou a resistencia ante a adversidade.

Eva Porto ten experiencia como colaboradora con fundacións, empresas ou a propia Xunta de Galicia. É ademais relator en actos de TEDx e traballa en relación directa co público, "contando cun gran impacto en redes sociais, sendo a influencer de procura de emprego e recursos humanos con maior número de seguidores na actualidade".

A influencer coruñesa Eva Porto
A influencer coruñesa Eva Porto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta