A Xunta defende as poxas públicas de madeira en Internet para favorecer a "descarbonización"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia defende a realización telemática das poxas públicas de madeira, xa que se favorece así a descarbonización, e se impulsa a dixitalización e se reduncen custos económicos e de tempo.

Así, explicouno o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Llano, na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, onde compareceu a petición do grupo popular e que comezou con atraso debido á ausencia dos populares, que despedían a Alberto Núñez Feijóo, que formalizou a súa dimisión como presidente da Xunta este venres.

Remarcou que o Executivo galego aposta así pola dixitalización do sector forestal "para acelerar os seus procesos produtivos" e pola descarbonización "para fomentar o potencial de ecomateriais sustitutivos baseados en madeira en sectores tan punteiros como a construción, os téxtiles, os produtos químicos ou o envasado".

Desde 2020, sinalou Llano, as poxas públicas de madeira realízanse de forma totalmente telemática, "o que deriva nun gran aforro de custos para os interesados ao evitar desprazamentos, uso de papel, ademais dunha diminución importante no tempo de duración da propia poxa, pasando de máis de tres horas a unha".

Madeira da industria forestal
Madeira da industria forestal | Fonte: XUNTA - Arquivo

Doutra banda, o director xeral indicou que desta forma se empodera aos silvicultores ao amparo das oportunidades e retos que damanda o Pacto Verde e a transición á bioeconomía circular.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta