O Goberno construirá unha base antiincendios en Laza

Así o vén de apuntar José Miñones, que cifra en case 4 millóns de euros o investimento consignado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Goberno destinará 3,8 millóns de euros para crear na localidade ourensá de Laza unha das bases de prevención e extinción de incendios forestais "máis avanzadas e modernas" de España. Miñones explicou que o proxecto está en redacción e que finalizará "ao longo do ano", para arrincar as obras en 2023. A nova base estará composta por un edificio principal, de dúas alturas, almacéns exteriores, un comedor exterior con cuberta e aparcadoiros para "cubrir as necesidades" do persoal das Brif de Laza.

O delegado sinalou que o investimento forma parte do conxunto de actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Ademais, mencionou que se trata dun investimento de 401 millóns de euros que "renovará e actualizará" os medios de prevención e loita contra incendios.

A EXPERIENCIA E CAPACITACIÓN DAS BRIF

Miñones valorou "positivamente" o impacto das Brif sobre o territorio no desenvolvemento social e económico. Por isto, mostrou o seu convencemento de que o investimento terá un "efecto dinamizador" en Laza. Sobre as 50 persoas destinadas á base, o delegado destacou a "capacitación e experiencia de 18 anos" do persoal. Ademais, Miñones explicou que a preparación do dispositivo Brif para este verán xa está en marcha.

O delgado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Goberno destinará 3,8 millóns para crear na localidade ourensá de Laza unha das bases de prevención e extinción de incendios forestais 'máis avanzadas e modernas' de España. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delgado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou que o Goberno destinará 3,8 millóns para crear na localidade ourensá de Laza unha das bases de prevención e extinción de incendios forestais 'máis avanzadas e modernas' de España. DELEGACIÓN DO GOBERNO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta