A CIG critica a "unilateralidade" da Xunta nos cambios dos currículos de ESO e Bacharelato

O sindicato mostrou a súa "decepción" ante a "nova ocasión perdida" da Lomloe de eliminar a materia de Relixión dos centros educativos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2022 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) chamou ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, a "abandonar a unilateralidade" e aclarar todas as "dúbidas" e "temores" que creou coa presentación os cambios nos currículos da ESO e Bacharelato para o próximo curso.

Nun comunicado, a CIG-Ensino evidenciou un "alto grao de improvisación e desidia" por parte da Xunta que "preocupa" en relación á reforma de contidos para as etapas educativas para adaptarse á nova lei educativa (Lomloe). Tras revisar xa as reformas de Infantil e Primaria en Mesa Sectorial, a CIG-Ensino indicou que o "máis importante" agora é coñecer as propostas do Goberno galego para os cambios que se centran na ESO e Bacharelato.

Posteriormente, o sindicato cuestionou que o conselleiro pretenda "tranquilizar" ás direccións dos centros despois de afirmar que "dificilmente" os novos decretos da educación secundaria estarán aprobados.

EN DÚBIDA A RESPONSABILIDADE DA CONSELLERÍA

A organización explicou que a marxe de manobra do Goberno galego en canto á distribución de materias é "moi limitada". Por iso, chamoulles a atención que o conselleiro realizase a presentación da nova distribución sen buscar o "contraste e consenso".

En CIG-Ensino ven "unilateralidade e imposición" e chaman a Rodríguez para poñer en común as intencións da Administración galega antes de presentar o anteproxecto do decreto de currículo. En caso contrario, afirmaron, estarán "de novo" ante un exemplo de política de feitos consumados e de aplicar cambios sen considerar o profesorado e a comunidade educativa.

A RELIXIÓN FÓRA DO ENSINO

Por último, o sindicato mostrou a súa "decepción" ante a "nova ocasión perdida" da Lomloe de eliminar a materia de Relixión dos centros educativos. A pesar diso, a CIG indicou que a nova distribución da materia confesional vai limitar os efectos "perversos" provocados pola Lomloe e que a existencia dunha "materia espello" non curricular evitará que o alumnado se vexa obrigado a elixir Relixión para poder cursar materias do seu interese.

Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro en imaxe de arquivo
Estudantes de bacharelato realizan os exames de Selectividade en Viveiro en imaxe de arquivo | Fonte: CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta