O Sergas dispensa 66 antivirais contra a Covid no seu primeiro mes de prescrición

'Paxlovid' e 'Evusheld' evitan a evolución grave da enfermidade en pacientes positivos, ademais de previr hospitalizacións en pacientes con sintomatoloxía breve.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2022 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde dispensou un total de 66 tratamentos dos antivirais contra o Coronavirus, 'Paxlovid' e 'Evusheld', no seu primeiro mes de prescrición. Tras recibir a primeira remesa destes medicamentos o pasado 28 de marzo, a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos destacou coa utilización de 22 tratamentos destes fármacos, seguida pola área sanitaria de Vigo, con 12 prescricións.

En canto ao resto, na área sanitaria da Coruña e Cee dispensáronse seis tratamentos; na área de Santiago e A Barbanza, oito; na área de Ferrol, seis; na área de Pontevedra e O Salnés, cinco; e na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco deValdeorras un total de sete tratamentos.

Estes medicamentos, lembran, engadíronse ás vacinas e a outros tratamentos para evitar a evolución grave da enfermidade en pacientes positivos, ademais de previr hospitalizacións en pacientes con sintomatoloxía breve. Ambos fornécense baixo prescrición médica.

Por unha banda, 'Paxlovid' é un fármaco que se administra por vía oral e posibilita controlar a progresión da infección en pacientes leves que conten con factores de risco para unha evolución grave da enfermidade. Á súa vez, o medicamento 'Evusheld' adminístrase por vía intramuscular mediante dúas inxeccións e está dirixido a persoas adultas inmunodeprimidas para a prevención da infección ou do desenvolvemento de complicacións debido ao coronavirus.

Arquivo - Antivirais  Paxlovid contra a COVID-19.. GOBERNO DE ASTURIAS - Arquivo
Arquivo - Antivirais Paxlovid contra a COVID-19.. GOBERNO DE ASTURIAS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta