Os críticos de Anova piden un Estado galego e democracia directa

Esta fin de semana constituíuse oficialmente Cerna que agrupa aos que se fan chamar “nacionalistas” de Anova e que dirixen Mario López Rico e Luis Eyré.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/06/2014 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

Soberanía nacional, Estado galego e democracia directa son as principais reclamacións do grupo crítico de Anova que, esta fin de semana, constituíuse oficialmente como corrente interna organizada baixo o nome de Cerna.

Luís Eyré e Xosé Manuel Beiras conversan con membros de EH-Bildu antes das pasadas eleccións europeas
Luís Eyré e Xosé Manuel Beiras conversan con membros de EH-Bildu antes das pasadas eleccións europeas

O seu fin é alentar o nacemento de candidaturas abertas de base cidadá e de listas abertas para as próximas elección municipais á marxe das cúpulas dos partidos.

Por iso, entre os seus principais obxectivos están os de promover a soberanía Nacional de Galiza e a súa expresión xurídico-política, “o Estado de Galiza”,  en exercicio do dereito de autodeterminación. Tamén insiste na importancia da organización como instrumento que “contribúa á defensa do benestar das maiorías sociais, os dereitos da cidadanía galega e, en definitiva, a procura do ben común”.

O novo colectivo, que lideran Luis Eyré e Mario López Rico, reclama máis democracia directa a través da soberanía popular e “contribuír á democracia participativa tamén nas organizacións e plataformas ou movementos cívico-políticos”.

Deste xeito, e baixo estas premisas, aposta por alentar o nacemento de alternativas para as eleccións municipais que sexan “verdadeira unidade de acción cidadá”, co obxectivo inmediato de “desaloxar a corrupción e os partidos do réxime dos gobernos municipais”.  

Este proceso, di, ten que ser un “ensaio e acumulación de forzas para a ruptura democrática co Estado, co anémico marco autonómico galego e coa Troika”. Pero, para a súa consecución insiste en que esta fronte debe de ser conformada “desde a base auto-convocada e non como extensión de fórmulas pre-existentes ou amaños das cúpulas partidarias”.

Este é o seu texto político:

POR UNHA NACIÓN CIDADÁ SOBERANA

OS NOSOS OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

Os nosos obxectivos estratéxicos son os que pretendemos inicialmente nas asembleas polo Novo

Proxecto Común (NPC), que deu lugar ao nacemento de Anova e que se resumen en:

Soberanía Nacional de Galiza e a súa expresión xurídico-política, o Estado de Galiza, en

exercicio do dereito de autodeterminación.

Organización como instrumento que contribúa á defensa do benestar das maiorías sociais, os

dereitos da cidadanía galega e, en definitiva, a procura do ben común.

Democracia directa, acollida no novo marco xurídico-politico galego: soberanía popular.

Contribuír á democracia participativa tamén nas organizacións e plataformas ou movementos

cívico-políticos.

PUNTO DE PARTIDA

Reafirmamos o noso compromiso cos acordos asumidos pola maioría da militancia de Anova –

Irmandade Nacionalista na Asemblea Nacional Constituínte e na Ia AN e reafirmamos que o obxectivo orixinario é contribuír á construción dunha nova expresión política do nacionalismo para o século XXI.

Anova-Irmandade Nacionalista resultou ser incapaz de ser ponte entre a cidadanía e a instancia política  e, no plano interno, converteuse nunha organización na que se practica (a estrutura vertical) o contrario  do que se predica (a democracia horizontal e participativa).

Dito o anterior, con independencia das nosas responsabilidades, tanto por acción como por omisión, na  chegada a esta situación, consideramos que Anova a día de hoxe precisaría unha mudanza radical para  conquerir os obxectivos -políticos e organizativos- definidos nos seus acordos constitutivos e asembleares.

POR QUE NOS ORGANIZAMOS?

Porque que a crise actual se solvente cunha mudanza do réxime -en chave galega- ou co

 empobrecemento das clases populares, coa liquidación do estado de benestar e coa perda de

 democracia, depende do pobo galego autoorganizado porque, perante a irresponsabilidade das

direccións políticas, tórnase vital impulsar a fronte ampla e a unidade de acción desde abaixo.

 Debemos aproveitar a actual conxuntura política de loitas democráticas para acumular forza para mudar  o sistema, comezando polo marco xurídico político, cara unhas institucións galegas soberanas e  radicalmente democráticas.

CERNA, como organización nacionalista, debera ser un exemplo dos valores de esquerda, cidadáns, democráticos e republicanos, de participación, horizontalidade e democracia participativa que queremos  para a organización da sociedade. Para CERNA é prioritaria a sintonía coa sociedade para ser quen de  lle facer fronte á ditadura do capital financeiro.

LIÑAS DE ACCIÓN POLÍTICA

1.- FRONTE AMPLA

Dende o necesario entendemento estratéxico do nacionalismo e a esquerda política e social de Galiza,  sobre a base da unidade de acción cidadá, a constitución dunha Fronte Ampla, político-electoral, con  obxectivos e contidos alternativos respecto do sistema, e a configuración dun potente movemento social  que a respalde, esixe superar os respectivos intereses corporativos do marco partidario, as inercias  históricas, a mirada estreita e curtopracista e require unha visión integradora e unitaria na acción.

Fronte ao enfeudamento de Anova con IU -vía AGE ampliábel-, na que persiste a actual Permanente en  contradicción cos acordos asemblearios, da Conferencia e do Referendo, cómpre asumir e practicar os  nosos obxectivos extratéxicos.

A nosa tarefa inmediata debe ser o apoio e/ou promoción da unidade cidadá por abaixo. A soberanía só  se exerce dende a autorganización nacional.

Cómpre combinar as urxencias - desaloxar aos partidos do réxime das institucións que poñen ao servizo  da plutocracia – coa acumulación de forzas suficientes para que Galiza interveña de xeito determinante  nun eventual proceso de reconfiguración do marco xurídico-político e institucional a nivel de Estado, para  garantir que non sexa unha nova fraude á cidadanía galega.

Así, cómpre intervir en dous niveis:

1. - Elaborar, en debate aberto coa cidadanía, as liñas esenciais do marco xurídico-político galego que garanta o dereito a decidir sobre os nosos problemas e recursos e un auténtico poder democrático  da cidadanía.

2. - Alentar o nacemento de alternativas para as eleccións municipais que sexan verdadeira

unidade de acción cidadá, co obxectivo inmediato de desaloxar a corrupción e os partidos do réxime dos  gobernos municipais; e como ensaio e acumulación de forzas para a ruptura democrática co Estado, co  anémico marco autonómico galego e coa Troika.

A plasmación organizativo-representativa para as vindeiras eleccións municipais deben ser candidaturas  de unidade cidadá, sobre a base do seguinte:

- Conformadas desde a base auto-convocada e non como extensión de fórmulas pre-existentes

ou amaños das cúpulas partidarias.

- Apertura de procesos constituíntes para as candidaturas a nivel municipal.

- Nin vetos nin exclusións previas, nin a nivel persoal nin organizativo (incluíndo, en

 consecuencia, a quen asuma na práctica os elementos comúns de aposta e defensa do dereito

 a decidir das nacións, a esquerda como práctica anti-dictadura financeira e anti-troika e a

 democracia participativa e horizontal como forma da toma de decisións).

A unidade de acción cidadá non deberá facer exclusións pola orixe partidaria de ninguén, pero

tampouco pode agardar por acordos nas cúpulas. Ao contrario, debemos formulala como superadora da  fragmentación e o sectarismo partidario, que hoxe é unha pexa para a emerxencia política da nación  cidadá galega.

2. - RESCATE DO PROXECTO ORIXINARIO: O NOVO PROXECTO COMÚN

Nacemos dentro de Anova tratando de acoller a todas as persoas que fan seus os principios

programáticos dos que se dotou inicialmente. É por iso que a nosa actuación dentro de Anova debe intentar solucionar as eivas nas que derivou o proxecto inicial.

Mais debemos evitar converter a loita pola ferramenta na batalla democrática exclusiva ou na tarefa na  que gastemos as máis das nosas forzas. As organizacións políticas son ferramentas pero non un obxectivo en si mesmas. Con todo, a restauración da democracia directa interna, da horizontalidade e  da cooperación é unha condición sine qua non para a resintonización cos sectores máis dinámicos da  sociedade que “non toleran facer na casa o contrario do que se predica para a sociedade”.

Organizámonos para recuperar o proxecto orixinario das asembleas do novo proxecto común.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

20 Gamela

Ollo a navegantes... Syriza seica comeza a virar cara ao "centro" ! Se o que se dí no vídeo fora certo, igual CERNA debera recoller os restos da desfeita... Mi má... que complicado é o mundo! http://youtu.be/V6gcI1XSpu4

19 Gamela

Descoñezo os estatutos de ANOVA, pero estes dous: Mario López Rico e Luis Eyré ben podían ser botados cunha patada no cú. E ao mellor atopaban acubillo na UPG (sempre que cumpran a penitencia que lles impoña o P.Rodríguez) *** Non vos parece que Beiras xa ten aturado bastante con este par de tocapelotas? ***

18 oioioi

Pero entón quen vai constituír Anova en Cangas... levamos dous anos e nada. Todo ASE

17 Spidercan

Alguén leu o discurso desta xente? Debe ser un tostón de moito rediós. E digo eu, non é melhor ver Belén Esteban que estes tostóns dando a vara todo o santo día. Ai caralho si trabalharan! Que pesadelo de homes. Non hai por onde colhelos. Imáxinaste xantando con estes lendo redactando o discurso que proponhen e ti sabes ben que o que queren é figurar...?

1 Latrodectus_Mactans

Demo! Quén me dira estar na redación dun discursinho deses, íavos a coar algunhas cousiñas sobre en qué se invirten os fondos reservados e a nazi_toureira FAlange ESpañola.

16 Bautista do unto

Mario López Rico e Palleiro montando un novo partido para negociar a volta ao BNG e para pactar postos nas eleccións municipais

1 ramona

Si te parece presentamos al liberado sindical de santiso

2 felipe das vieiras

pero si todo esto esta patrocinado polo Vello seguro por chamar a atecinón... outro esperpento mais como o que ten montado o non ir polo parlamento E SEGUIR COBRANDO, o gran soprano vello de opera soporifera parlamentaria... unicamente lle gana en miserias o doutor merendiño, o matasanos ese que non vale pra nada, salvo para colgarse das barbas dun vello xa totalmente inutil e deplorable para o pais, convertiron a politica galega nun esperpento e nunha novela de misterio (finanzas de izquierda unitarista) IDES QUEDAR SUPERADOS POR PODEMOS!

3 Beiras_escarallavos

Home si, o dos pactos non vos está a gustar no PP. Vos o que queredes e que todos teñan o mesmo problema que o voso partido: Ninguén quere pactar co PP, con moi poucas excepcións, como a dos nacionalistas no primeiro goberno de Asnar. Non podedes con iso, polo que tentades que non haixa posibilidade de pactos.