Rescatan unha muller de 77 anos que camiñaba desorientada pola AP-9

Aconteceu en Cambre.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2022 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A Policía Local de Cambre informou do rescate dunha veciña de 77 anos do municipio que camiñaba desorientada pola beiravía da entrada á estrada AP-9, en dirección Santiago, no punto quilométrico 10 (á altura da Gándara).

A Policía traslada que a muller padece de demencia e se perdeu cando se dirixía ao seu domicilio na zona do Temple. Foi sobre as 19,15 horas deste venres cando se desprazou ao lugar unha patrulla de tráfico, que se encargou de trasladar á veciña ao seu domicilio, onde reside con familiares.

AP-9, Autoestrada do Atlántico
AP-9, Autoestrada do Atlántico | Fonte: Miguel Riopa - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta