Paneis solares para o aforro enerxético en edificios públicos en Verín

O Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos en oito dos seus principais edificios municipais esperando un financiamendo de preto do 50% con fondos Next Generation.

Por Galicia Confidencial | Verín | 03/05/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello de Verín instalará paneis fotovoltaicos na Casa Consistorial, o Pavillón Municipal de Deportes, os CEIP Princesa de España e Amaro Refojo, A Biblioteca Municipal, o centro de día  Solleira, o Pavillón da Granxa e o Auditorio Municipal. En total, o ente municipal investirá 118.787,29 euros nas instalacións, esperando percibir dos fondos europeos Next Generation practicamente o 50 por cento do investimento (53.720 euros).

Biblioteca Municipal de Verín, un dos edificios onde se instalarán placas solares. Foto: Prensa Concello de Verín
Biblioteca Municipal de Verín, un dos edificios onde se instalarán placas solares. Foto: Prensa Concello de Verín

A súa instalación reducirá o consumo eléctrico, así coma as emisións de CO2

Segundo confirmou o alcalde, Gerardo Seoane, a instalación dos paneis solares "reducirá de maneira notable o consumo eléctrico, así coma as emisións de CO2, nestas instalacións".

PRIMEIRAS CONCESIÓNS CON CARGO AOS FONDOS 'NEXT GENERATION'

Segundo fontes do concello, esta pasada semana recibiron as primeiras seis comunicacións de concesión de axudas financiadas cos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia promovido polo Goberno de España. O valor das mesmas alcanza os 42.720 euros.

A previsión é comezar coa execución das obras de instalación dos paneis fotovoltaicos na Casa Consistorial, Pavillón Municipal de Deportes, CEIPs Princesa de España e Amaro Refojo, Biblioteca e o centro de día  Solleira; quedando á espera de recibir, nos vindeiros días, as dúas resolucións das concesións restantes para executar os traballos no Pavillón da Granxa e no Auditorio Municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta