A taxa de positividade da Covid en Galicia é 6 veces maior á recomendada pola OMS

Os falecidos pola pandemia ascenden a 3.345 e aumentan os hospitalizados aos 745.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/05/2022 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

Os hospitalizados pola Covid-19 volven superar os 700 no conxunto de Galicia ao ascender a 745, que supoñen 70 máis que a xornada do sábado --xa que na do domingo non se actualizan datos--, dos cales 21 atópanse en UCI. Pola súa banda, os casos activos descenden a 16.581, que implican uns 1.400 menos, e a taxa de positividade segue moi alta, no 32,74 por cento, seis veces por riba do recomendado pola OMS.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, ascenden a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas máis-- e a 724 as ingresadas en unidades convencionais --68 máis--, mentres que 15.836 permanecen en seguimento nos seus domicilios. Hai unha semana --o luns 25 de abril-- había 702 ingresados, deles 24 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en seis das sete e soamente se alivia na de Ferrol, na que aínda que aumentan a dous os pacientes Covid en UCI --un máis que o sábado--, descenden a 71 os ingresados noutras unidades --tres menos--.

Na de Ourense aumentan a tres os pacientes Covid en UCI --un máis-- e a 113 os ingresados noutras unidades --18 máis--; mentres que na de Lugo hai seis en críticos --un menos-- e 83 noutras unidades --18 máis--.

Na área da Coruña e Cee hai tres ingresados pola Covid en UCI --sen cambios-- e 177 noutras unidades --oito máis--, mentres que na de Vigo mantéñense dous en críticos e soben a 88 os doutras unidades --12 máis--.

Pola súa banda, na área de Santiago e Barbanza hai tres pacientes Covid en UCI --un máis e 96 noutras unidades --10 máis--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés mantéñense dúas en críticos e soben a 96 os doutras unidades --cinco máis--.

BAIXAS OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos cambian de tendencia e descenden no conxunto de Galicia ata os 16.581, que implican 1.406 menos que o sábado pasado, ao haber máis altas (3.443) que contaxios (2.039) nos últimos dous días, ao que se engaden dous falecementos. Hai unha semana --o luns 25 de abril-- había 14.257 infeccións activas.

O descenso é xeneralizado no sete áreas sanitarias galegas, coa de Vigo á cabeza (-404), seguida da Coruña e Cee (-288), Lugo (-197), Pontevedra e O Salnés (-146), Santiago e Barbanaza e Ferrol (-143 cada unha) e Ourense (-80). Por tanto, con máis infeccións activas segue a área da Coruña e Cee, con 3.189; seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.887; Lugo, con 2.527; Ourense, con 2.432; Vigo, con 2.411; Pontevedra e O Salnés, con 1.849; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.267.

CONTAXIOS

En canto aos novos contagios de Covid-19, comeza esta semana con 852 novos casos abertos nas últimas 24 horas tras detectarse 2.039 desde o sábado. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral. O luns anterior --25 de abril-- houbo 794 novos casos abertos en 24 horas.

Pola súa banda, a taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- descende no inicio desta semana ao 32,74 por cento tras repuntar a un 42% o pasado sábado. Así, mantense por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.345 despois de notificar a Consellería de Sanidade este luns outros dous falecementos de dúas persoas con patoloxías previas. En concreto, o pasado día 28 de abril morreu un home de 70 anos na área sanitaria da Coruña e Cee e o día 29 outro home de 77 anos na da Coruña e Cee

UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta.  / Europa Press
UCI do Hospital Clínico de Santiago / Ana Varela - Xunta. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta