O incendio forestal en Camariñas arrasou un total de 64 hectáreas

Sitúase na parroquia de Camelle.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/05/2022 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado en Camelle, en Camariñas, calcinou un total de 64 hectáreas tras quedar controlado sobre as 18,15 horas da tarde deste luns.

O lume iniciouse ás 12,18 horas deste luns e cinco horas despois quedou estabilizado. Tras quedar controlado, as medicións provisionais apuntan que afectou a 64 hectáreas, das cales 54 son de monte arboledo e dez de raso.

Para iso, mobilizáronse ata agora tres técnicos, oito axentes, 14 brigadas, nove motobombas, unha pa, cinco helicópteros e dous avións.

Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal
Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal | Fonte: CSIC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 JLo

Sí, tiveron que mandar brogadas de toda a provincia porquw entre as baixas, as prazas non cubertas e que ainda non estan as brigadas de reforzo de verán, non tiñan efectivos. Seica xa quedan lonxe no recordo as vidas perdidas qie precisan unha nova dose de mortos.