Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 10:18
Dous homes foron evacuados polos servizos sanitarios a un centro hospitalario despois de chocar dous vehículos no Polígono de Piadela, no concello coruñés de Betanzos.
Segundo informou o 112 Galicia, os Bombeiros de Betanzos indicaron que foi necesario o uso do material de excarceración para liberar a un dos ocupantes do interior dun dos vehículos sinistrados.
O suceso tivo lugar dez minutos antes das 22,30 horas deste pasado luns. Unha persoa chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para alertar dun accidente entre dous vehículos e no que dúas persoas podían necesitar asistencia sanitaria.
Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia puxeron en marcha un operativo formado por, ademais dos bombeiros, persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes de Tráfico, Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Betanzos que xa no lugar, confirmaron que un dos feridos necesitaba axuda para saír dun dos vehículos.
O 061 enviou ao momento do sinistro dúas ambulancias de soporte vital básico que atenderon e trasladaron ao Hospital San Rafael a dous homes de 37 anos de idade, D.C.N. e A.A.A., confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.