Como será o novo goberno da Xunta con Rueda?

O vicepresidente primeiro di que rexeita cotas territorias pero ten xa algúns nomes que dá por feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións, Alfonso Rueda, asegurou que espera que Diego Calvo e Francisco Conde aceptarán formar parte do seu Goberno, que contará "cos mellores" sen cotas territoriais. Así o sinalou Rueda este martes en Vigo tras ser preguntado sobre se Conde ou Calvo aceptaron xa o seu ofrecemento para formar parte do Executivo da Xunta.

A pesar de que aínda non houbo resposta, o aínda vicepresidente en funcións da Xunta deu por feito que si estarán no novo Executivo galego, que se dará a coñecer despois da súa investidura, o vindeiro sábado 14 de maio. Segundo el, a semana que vén é a investidura, polo que hai que respectar "os tempos". "Que sexa o Parlamento, que é onde reside a soberanía de todos os galegos, o que elixa e se saio elixido, falaremos do Goberno", indicou.

Con todo, si que destacou que sería un "erro" empezar por ver de onde é cada persoa e logo coñecer a súa valía no canto de "facelo ao revés" e escoller ás persoas "que realmente valen" con independencia de que lugar de Galicia sexan. Di rexeitar así as cotas territoriais no marco do futuro goberno galego.

Alfonso Rueda.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Alfonso Rueda.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

"Gobernaremos para toda Galicia e todos somos galegos", reivindicou. Preguntado tamén por se ser presidente da Xunta sería compatible co seu posto de secretario xeral do Partido Popular galego, Rueda indicou que as cousas de partido trataranse despois de ser investido. Con todo, Feijóo xa apuntou a súa negativa a unha "bicefalia" entre Xunta e PPdeG.

DIEGO CALVO, "CONTENTO"

O presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, expresou este martes que está "contento" polo ofrecemento que lle fixo na pasada xornada Alfonso Rueda, quen sucederá a Alberto Núñez Feijóo á fronte da Presidencia da Xunta, en relación a que se incorpore ao seu futuro Executivo.

"Estou contento polo ofrecemento, polo lugar e a maneira na que o fixo e o ton cariñoso", trasladou Calvo, en declaracións a Europa Press, nas que explicou que, tras a oferta que lle lanzou na Xunta Directiva do PP coruñés, aínda non concretaron as condicións nas que e incorporará ao Goberno.

"Non falamos de nada en concreto. Despois ao acabar dixemos que falamos e imos vendo. Hai tempo de concretar todas as cousas e ver como se produce o encaixe ou como o queira, pero os detalles non os tocamos", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta