Coren e Abanca acordan impulsar o sector agroalimentario

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, visitou as instalacións do Grupo Coren onde ambas compañías aproveitaron para renovar o seu compromiso de colaboración.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/05/2022 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

Na visita institucional do conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, este foi recibido polo presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira Álvarez; acompañado pola vicepresidenta da cooperativa, María Gómez-Franqueira Otero, e do director xeral, Emilio Rial.

Visita Abanca-Coren. Foto: Prensa Coop. Coren
Visita Abanca-Coren. Foto: Prensa Coop. Coren

O encontro tivo lugar dentro do marco de colaboración de ambas as entidades, que renovaron así o seu compromiso común para continuar traballando polo desenvolvemento do sector agroalimentario galego. O directivo de Abanca puido coñecer de primeira man a actividade que realiza Coren, a principal cooperativa agroalimentaria cárnica de España, integrada por máis de 7.000 familias entre socios e traballadores. Ademais, os directivos de ambas entidades analizaron a situación do sector agroalimentario galego e os retos no actual contexto socioeconómico.

AGRADECEMENTO MÚTUO

No contexto de análise do momento actual, o presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, agradeceu a Abanca a súa colaboración permanente coa cooperativa, ao que considera como un “socio estratéxico” polo apoio continuo que presta aos proxectos que emprende o Grupo. Pola súa banda, o conselleiro delegado da entidade bancaria amosou “o compromiso do banco coa economía galega e en especial co sector primario como motor de desenvolvemento do medio rural”. Neste senso, destacou tamén a posición líder da empresa agroalimentaria ourensá na comunidade e reiteorou “o seu apoio aos proxectos de crecemento do grupo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta