Cooperación Internacional, a ONG que traballa por unha mocidade solidaria

A ONG leva a cabo varios proxectos nalgunhas das principais cidades de galicia e gañou varios premios nacionais que recoñecen a importancia do seu traballo

Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 09/05/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

actividade de rehabilitación de vivendas organizada pola ONG Cooperación Internacional
actividade de rehabilitación de vivendas organizada pola ONG Cooperación Internacional | Fonte: Paula Daza

Cooperación Internacional é unha ONG que leva máis de 25 anos realizando actividades de voluntariado e que busca a formación integral e a participación social da mocidade. En Galicia leva a cabo diferentes proxectos que buscan axudar a diversos colectivos. Entre estas actuacións destacan: catro apoios socioeducativos, rutas de rúa coas que se atende a persoas sen fogar, acompañamento a persoas maiores en residencias ou actuacións ambientais como limpeza de praias e repoboacións forestais, entre outras.

O apoio socioeducativo de Santiago de Compostela, o máis antigo dos catro, está situado no barrio de Vite e actualmente atende a 20 menores.

A outra actividade representativa da ONG Cooperación Internacional é Painting For Others. Este proxecto pretende rehabilitar e sanear as vivendas de familias en risco de exclusión social e con escasos recursos económicos.

O proxecto é posible grazas á axuda de entidades públicas e empresas como BRICOMART e Corporación Hijos de Rivera. Así como a colaboración de voluntarios específicos de colectivos xuvenís, colexios e outras cidades de España, que axudan a voluntarios estables nesta actividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta