A Xunta cuestiona a "dilixencia" con que se tramitan as inmatriculacións á Igrexa

O PSdeG afea que a administración defende "con fervor" os intereses da institución eclesiástica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, cuestionou a "dilixencia" coa que o Goberno central tramita o acordo para resolver as inmatriculacións irregulares da Igrexa sobre bens fronte a outras peticións, como a demanda de Galicia para ampliar os beneficios fiscais aos patrocinadores do Xacobeo.

En resposta a unha pregunta do deputado socialista Pablo Arangüena, García-Señoráns concluíu que a intervención do representante do PSdeG "viría criticar" o propio Goberno de Pedro Sánchez, que é o que elaborou un informe que remitiu á Federación de Municipios e Provincias (FEMP) para daquela ser remitido aos concellos coa relación de bens en cuestión.

Pola súa banda, Arangüena afeou que defenda "con fervor" os intereses da Igrexa, mentres que a directora xeral observou unha "espiral revisionista" do Goberno central cunha cuestión que "está a executar con moita máis dilixencia que outras proposicións aprobadas no Congreso por unanimidade".

A directora xeral indicou que "a partir da comunicación desas listaxes, calquera administración que discrepe pode reclamar algún deses bens, pola vía administrativa ou dos tribunais", explicou. "E a Igrexa pode defender os seus dereitos fronte a calquera outra parte que exerza o seu dereito", concluíu.

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Branca García-Señoráns, na Comisión Institucional
A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Branca García-Señoráns, na Comisión Institucional | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta