O Sergas defende a xestión das listas de espera, que non fai publicas por áreas nin hospitais desde xuño de 2021

Asegura ser "un dos mellores sistemas sanitarios de España" en listas de agarda nas especialidades cirúrxicas de otorrinolaringoloxía e anxioloxía e cirurxía vascular.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) sacou peito de ser "un dos mellores sistemas sanitarios de España" no que a listas de espera nas especialidades cirúrxicas de otorrinolaringoloxía e anxioloxía e cirurxía vascular.

A Consellería de Sanidade defende así a xestión das listas de espera en base ao informe coñecido o pasado luns polo Ministerio de Sanidade. A Xunta non publicou na súa web as listas de espera por áreas sanitarias nin por hospitais desde xuño de 2021, é dicir, camiño de concluír o primeiro semestre do ano non revelou os datos do período anterior (antes publicábanse trimestralmente ata que se reduciu a dúas veces ao ano).

Nun comunicado este mércores, o terceiro no que vai de semana, destaca que a especialidade cirúrxica de otorrinolaringoloxía ten unha espera media de 68 días e, no caso dos servizos de anxioloxía e vascular, o tempo de espera medio é de 52. En ambos os casos, destaca o Sergas, rexístranse os mellores do conxunto do Estado.

Os servizos de cirurxía xeral e dixestivo e de cirurxía plástica posúen os segundos mellores tempos de espera, con 73 e 72 días, respectivamente. Xinecoloxía ten o mellor dato en listas de espera.

Respecto das de oftalmoloxía, con 10.227 persoas que agardan por unha intervención, e 11.781 en traumatoloxía, a 31 de decembro de 2021, son especialidades que se sitúan no cuarto posto na media do Estado, do mesmo xeito que maxilofacial, dermatoloxía e uroloxía.

Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA
Un monitor situado fronte ao control de Enfermaría reflicte as constantes vitais de todos os pacientes ingresados en Urxencias. HOSPITAL POVISA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Todos sabemos que as listas de espera sobrepasan os 6 meses ou máis... pero cando se fan públicos os listados do Goberno Sánchez mesmo o SERGAS Asasino pode sacar peito e dicir que Galicia ten o mellor sistema sanitario do mundo ! Esto debera facernos pensar na fiabilidade que teñen os datos que se publican !