Galicia non baixa dos 1.500 novos casos diarios da covid e suma xa 17.000 contaxiados

A morte doutras 10 persoas maiores con patoloxías previas eleva a 3.366 as vítimas da pandemia en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia descenden a 703, que supoñen nove menos que o día anterior, mentres que os casos activos cambian de tendencia e aumentan no conxunto de Galicia ata os 16.728, que implican 616 máis, despois de haberse se outros 1.572 novos contaxios --catro máis--. Pola súa banda, a taxa de positividade sobe lixeiramente ata un 32,7 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, baixan a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --unha menos-- e a 682 as ingresadas en unidades convencionais --oito menos--, mentres que 16.025 pacientes permanecen en seguimento nos seus domicilios. Hai unha semana --o xoves 28 de abril-- había 702 ingresados, deles 21 en UCI.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en tres das sete: A Coruña-Cee, Vigo e Ferrol; mentres que aumenta nas outras catro: Ourense, Lugo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. En concreto, na da Coruña e Cee aumentan a seis os pacientes Covid en UCI --un máis--, pero baixan a 142 os ingresados noutras unidades --18 menos--; mentres que na de Vigo quedan tres en críticos --un menos-- e conta con 76 noutras unidades --cinco menos--.

No caso da área sanitaria de Ferrol hai un paciente en UCI pola Covid --un menos-- e 69 atópanse ingresados noutras unidades de hospitalización --cinco menos--. Por contra, na de Lugo aumentan a seis os pacientes Covid en UCI --dou máis-- e a 90 os ingresados noutras unidades --oito máis--; mentres que na de Santiago e Barbanza hai tres en críticos --un menos-- e 103 noutras unidades --oito máis--.

Na área sanitaria de Ourense aumentan a dou os pacientes en UCI por Covid --un máis-- e a 110 os hospitalizados noutras unidades --un máis--; mentres que a de Pontevedra e O Salnés queda sen críticos --a xornada anterior tiña dúas-- e rexistra 92 ingresados noutras unidades --tres máis--.

AUMENTAN OS CASOS

Os casos activos de Covid-19 reverten a tendencia descendente que mantiñan desde o inicio desta semana e aumentan ata os 16.728, que supoñen 616 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.572), que altas (946), ao que se suman dez falecementos. O xoves anterior --28 de abril-- había 16.688 infeccións activas.

O ascenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (+164), seguida da Ourense (+124), A Coruña e Cee (+114), Santiago e Barbanza (+89), Lugo (+69), Pontevedra e O Salnés (+31) e Ferrol (+27). Así, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 3.216; seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.789; Vigo, con 2.644; Lugo, con 2.540; Ourense, con 2.451; Pontevedra e O Salnés, con 1.814; e á cola mantense a de Ferrol, con 1.256.

MÁIS DE 1.500 CONTAXIOS

De novo os contaxios superar os 1.500 tras detectarse outros 1.572, que constitúen catro máis que os 1.568 do mércores, despois de rexistrarse 1.411 o martes e empezar esta semana con 852 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral. O xoves pasado --28 de abril-- houbo 1.728 contaxios.

Unha terraza en Vigo, a 26 de xuño de 2021 / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press.  / Europa Press
Unha terraza en Vigo, a 26 de xuño de 2021 / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press. / Europa Press

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- volve aumentar a un 32,7 por cento, tras subir ao 31,55% o mércores e baixar o martes ao 24,94% despois de arrincar esta semana no 32,74%. Por tanto, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

VÍTIMAS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.366 despois de notificar a Consellería de Sanidade este xoves outros dez falecementos de pacientes con patoloxías previas.

En concreto, o pasado 1 de maio morreu unha muller de 93 anos de idade na área sanitaria de Ferrol e o día 2 faleceu outra de 98 anos na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Os outros oito decesos producíronse o 3 de maio: na área da Coruña e Cee, unha muller de 85 anos; na de Lugo, dous homes de 81 e 90 anos; na de Ferrol, dúas mulleres de 72 e 90 anos; na de Ourense, outra de 98; na de Santiago e Barbanza, un home de 90 anos; e na de Vigo, outro home de 96 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta