Uxente fóra de servizo detivo un home cando agredía á súa parella

O axente observou estas accións e decidiu mediar entre ambas as partes, protexendo á muller, á vez que requiriu a presenza da patrulla da Policía Local. A vítima non quixo presentar denuncia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2022 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

A Policía Local de Pontevedra detivo a un home de 37 anos de idade por un suposto delito de violencia de xénero tras ser sorprendido por un axente que estaba fóra de servizo cando agredía á súa parella.

Segundo informaron fontes da Xefatura da Policía Local, os feitos ocorreron o pasado martes, día 3 de maio, sobre as 17,00 horas, cando o axente que se atopaba fóra de servizo chamou á central de comunicacións da Policía Local para alertar de que na cale Estación estaba a producirse a agresión dun home a unha muller. O axente solicitaba apoio.

De maneira inmediata, unha patrulla desprazouse ata o lugar. Alí, segundo o testemuño ofrecido polo axente, o mozo mantiña unha forte discusión coa que parecía a súa parella, tentando evitar que esta subise a un taxi agarrándoa do brazo e mesmo chegando a empuxala e a acurralala contra a cristaleira da estación do tren.

O axente observou estas accións e decidiu mediar entre ambas as partes, protexendo á muller, á vez que requiriu a presenza da patrulla da Policía Local. A vítima non quixo presentar denuncia.

Policía Local en imaxe recurso
Policía Local en imaxe recurso | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta