Temas: BNG PSOE FENE

O PSOE de Fene abandona o goberno tripartito acusando ao alcalde de "romper o pacto de goberno"

Os socialista de Fene destacan que a decisión de abandonar o goberno "foi acordada coa dirección provincial do partido e a agrupación socialista local".

Por E.P. | Fene | 05/05/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O tres edís do grupo municipal do PSOE no Concello de Fene decidiron abandonar o goberno tripartito deste municipio, formado ata agora por BNG, PSOE e EU, despois de que o rexedor, o nacionalista Juventino Trigo, lle retirase a concelleira Mar Piñeiro a delegación de Servizos.

O grupo socialista, a través dun comunicado, denunciou que "o alcalde rompeu este mércores de forma unilateral o pacto de goberno establecido". Por iso, tal e como trasladou a portavoz do grupo Mar Piñeiro, "a decisión máis coherente é deixar de formar parte do executivo local".

Ademais, os socialista de Fene destacan que a decisión de abandonar o goberno "foi acordada coa dirección provincial do partido e a agrupación socialista local".

Por último, o PSOE de Fene incide en que "lamenta a ruptura dun goberno progresista e de esquerdas que traballaba co único obxectivo de mellorar a vida dos seus veciños". Por iso, aseguran que seguirán "na mesma liña, traballando desde a oposición polo Concello de Fene e os seus veciños dunha maneira responsable".

O pleno do Concello de Fene está composto por seis edís de PP e BNG, catro do PSOE e un de EU. Un dos edís socialistas, non entrou no goberno tripartito.

O alcalde, Juventino Trigo, xustificou a retirada da delegación de Servizos á edil socialista "co obxectivo de mellorar a eficiencia e coordinación do departamento", e que esta era unha situación "provisional e transitoria".

O nacionalista Juventino Trigo cando foi investido alcalde de Fene
O nacionalista Juventino Trigo cando foi investido alcalde de Fene | Fonte: EP

Temas: BNG PSOE FENE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta