Os socialistas denuncian o "abandono" das obras do novo centro de atención á discapacidade de Ourense

O PSdeG pide a reactivación "urxente" das obras.

Por E.P. | Ourense | 05/05/2022 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

O Partido Socialista instou ao Goberno galego a adoptar todas as medidas necesarias para a reactivación "urxente" e posterior finalización das obras de construción no novo Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense.

O PSdeG insta a Xunta a reactivar as obrao de centro de atención a discapacitados de Ourens
O PSdeG insta a Xunta a reactivar as obrao de centro de atención a discapacitados de Ourens | Fonte: PSdeG.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, desprazouse este xoves á cidade, onde comprobou a "situación de abandono" que vive esta infraestrutura. Formoso destacou que o PSdeG ten a "sensibilidade suficiente para estar á beira da plataforma ProCAPD, familias que teñen un problema grave e que agardan que as administracións as acompañen".

Así mesmo, sinalou que este expediente "naceu moi mal". "Foi pouco dilixente na contratación, houbo malas prácticas no seguimento da execución e esta parálise demostra un deixamento total da Xunta cara Ourense", sostivo.

Ademais, considerou que este expediente "non pode tratarse como unha concentración parcelaria ou como unha obra calquera". "Estamos a falar dunha obra sensible, na que hai moitas familias agardando", afirmou para asegurar que a súa formación votará a prol de que esta obra se resolva canto antes para que Ourense conte co seu Centro de Atención a Persoas con Discapacidade?.

Así, o grupo municipal socialista, que defenderá unha moción no pleno ordinario deste venres na que instará á Xunta de Galicia a reactivación das obras, denuncia que a provincia é a única que non conta a día de hoxe cun centro destas características.

Neste sentido, o portavoz do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, criticou que a Xunta "non lle está dando o ánimo que precisa a un proxecto importante para a cidade". Ademais, incidiu en que, "desde que se creou a plataforma, o compromiso e a participación do PP foi practicamente nula".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta