Detido en Betanzos por agredir a Policía Local e darse á fuga

Foi necesaria a presenza do catro axentes para reducilo polo estado de agresividade no que se atopaba.

Por E.P. | Betanzos | 06/05/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

A Policía Local de Betanzos detivo un mozo de 27 anos, e residente neste concello, por un delito de atentado e lesións contra os axentes da autoridade e resistencia. Segundo informa o consistorio, os feitos producíronse sobre as 00,30 horas desta noite, cando a Policía Local localizou o propietario dun vehículo que estaba mal estacionado na zona dos soportais.

Axentes da Policía Local.
Axentes da Policía Local.

O dono, J.R.F.P., atopábase nun local de hostalaría e, avisado pola Policía Local para que movese o seu vehículo, dirixiuse ao mesmo. Con evidentes sígnos de atoparse en estado de embriaguez, os axentes interviñeron para que non subise ao coche, avisando ao guindastre para mobilizalo.

Foi nese momento cando o detido se enfrontou aos axentes, proferindo unha puñada a un deles e dándose á fuga. A Policía Local alertou da situación á Garda Civil e o detido foi localizado nunha rúa próxima, a rúa Travesa, onde foi arrestado por efectivos das dúas patrullas de Garda Civil e Policía Local.

Foi necesaria a presenza do catro axentes para reducilo ante o estado de agresividade no que se atopaba. Trasladado ás dependencias da Policía Local, durante toda a noite continuaron os golpes a mobiliario e os berros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta