Un mariscador furtivo enfróntase a dous anos de cárcere por atentado a un policía

Tamén lle piden unha indemnización de 310 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/05/2022 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

Un mariscador furtivo enfróntase a dous anos de cárcere con inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo e o deber de indemnizar un axente de policía con 310 euros por un delito de atentado con lesións. Ademais, no seu caso tamén deberá indemnizar o Sergas pola asistencia médica ao axente lesionado. A vista está fixada para as 9,30 horas do próximo mércores 11 de maio na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

A Policía Autonómica e Gardacostas interveñen percebe extraído de forma furtiva na Coruña
A Policía Autonómica e Gardacostas interveñen percebe extraído de forma furtiva na Coruña | Fonte: Xunta de Galicia.

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, o 4 de marzo de 2014 atopábase realizando labores de marisqueo furtivo, cando dous axentes policiais realizaban labores de control. O acusado "tiña marisco procedente" do marisqueo furtivo e, "ao decatarse da presenza dos axentes, pretendeu devolvelo ao mar para evitar sancionar".

Os axentes "déronlle unha orde de retirada, clara e directa: que non tirase o marisco". Con todo, segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, "o acusado fixo caso omiso" e tratou de tirar o marisco, de maneira que, para tratar de evitalo, os axentes "agarrárono" do brazo esquerdo.

"O acusado, con evidente menosprezo cara ao principio de autoridade, tentou agredir un dos axentes cun pico de aixada que portaba á vez que lles berraba 'antes que sacarme o sacho, féndocho na cabeza'", sinala o escrito.

Así mesmo, o escrito fiscal apunta que o acusado mostraba unha actitude de "moita agresividade, chegando a abalanzarse" contra un axente, polo que o compañeiro "tivo que acudir na súa axuda para reducir ao acusado".

Unha vez detido por estes feitos, o acusado "seguiu proferindo cara aos axentes expresións tales como 'que se arrepentía de non facer algo máis grave' e que 'a próxima vez partiríalles a cabeza' e que 'estaba a desexar pillalos de paisano'".

Como consecuencia dos feitos, un dos axentes sufriu unha escordadura no ombreiro e cóbado esquerdo e precisou asistencia facultativa sen necesidade de tratamento médico nin cirúrxico. Tardou sete días en curar, un dos cales "foi impeditivo" das súas tarefas habituais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta