Unha camiñada pola Reserva da Biosfera de Allariz que cumpre XXIII anos

Será o vindeiro 29 de maio e constará dunha ruta longa de 25 quilómetros e outra curta de 10 pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 10/05/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, no 2019 a Área de Deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración, pasándoa a domingo, e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda levarse por outros espazos da Reserva da Biosfera.

Presentaciónda XXIII Andaina de Allariz. Foto: Prensa concello
Presentaciónda XXIII Andaina de Allariz. Foto: Prensa concello

Deste xeito, cun formato renovado, a edición a XXIII Andaina de Allariz constará dunha ruta longa de 25 quilómetros e outra curta de 10 pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

Entregaráselles aos participante un dorsal e unha botella de aluminio para que enchan nos puntos de avituallamento 

Tal e como explicaba Helena Suarez, concelleira de deportes de Allariz, este ano quérese fomentar a sostibilidade dando exemplo, por iso ao comezar a camiñada entregaráselles aos participante un dorsal e unha botella de aluminio para que enchan nos puntos de avituallamento que se distribuirán ao longo do percorrido.

PERCORRIDOS, HORARIOS E INSCRICIÓNS

Como explicaba o técnico de deportes, Roberto Naranjo, o vindeiro 29 de maio a saída da etapa longa serás ás 09:00h da Alameda de Allariz, cunha dificultade media. O percorrido desta etapa percorrerá unha parte do Camiño de Santiago ao seu paso por Allariz.

A etapa curta será ás 11:00h sendo a dificultade baixa e percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo.

Ademais do servizo de avituallamento, haberá comida, masaxistas e duchas para o final da etapa

O prazo de inscrición estará aberto entre o 9 e o 27 de maio e o prezo será de 12 € para público adulto e de 8 € para nenos e nenas de ata 8 anos. Ademais do servizo de avituallamento, haberá comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta