Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2022 | Actualizada ás 13:20
O xornalista galego Jesús Mariñas faleceu por mor dun cancro de vexiga aos 79 anos de idade, tal e como confirmaron as publicacións 'La Razón' e 'Diez Minutos', nas que colabara o redactor de crónica social. O xornalista foi ingresado a finais do pasado mes de marzo no Hospital Ramón e Cajal de Madrid debido a un empeoramento do seu estado de saúde, tras varios meses de tratamento contra o cancro --anunciouno en outubro de 2021--.
Nacido na Coruña en 1942, Mariñas conta cunha traxectoria de máis de medio século no xornalismo, traballando en diferentes publicacións escritas --na revista 'Diez minutos' e o diario 'La Razón' case ata o último momento--. Ademais, colaborou en programas de corazón televisvos como 'Sálvame', 'Salsa Rosa', 'Dónde estás corazón' ou 'Tómbola' --onde alcanzou gran popularidade-- e en espazos radiofónicos como 'Protagonistas', ao carón de Luis del Olmo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.