O sector mexilloeiro esixe a dimisión da conselleira do Mar e levará as protestas á investidura de Rueda

Organiza unha concentración este sábado en Santiago que coincidirá coa toma de posesión do novo Presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/05/2022 | Actualizada ás 21:19

Comparte esta noticia

Asociacións e colectivos do sector do mexillón demandaron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana, pola súa xestión do conflito da mexilla (cría do mexillón), que motiva a convocatoria dunha concentración este sábado en Santiago que coincidirá coa toma de posesión de Alfonso Rueda como novo Presidente da Xunta de Galicia.

Produtores de mexillón denuncian ataques violentos cando recollen mexilla
Produtores de mexillón denuncian ataques violentos cando recollen mexilla | Fonte: OPMEGA.

O motivo da convocatoria, difundida este martes, é protestar contra a xestión da Xunta do conflito aberto entre bateeiros e percebeiros pola extracción de mexilla.

O sector pide a dimisión de Quintana e da directora xeral de Desenvolvemente Pesqueiro, Susana Rodríguez, ás que acusa de xerar "unha problemática que nunca existira en 70 anos de existencia de bateas" en Galicia.

Así as cousas, demandan a asunción de responsabilidades ao máis alto nivel no departamento de pesca da Xunta pola aprobación "duns plans que xeran graves prexuízos para o sector e que están baseados nuns informes que nunca puideron ser contrastados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta